Onde se cuida ao máximo a paisaxe urbana, o medio natural e as infraestruturas. É o auténtico motor do desenvolvemento municipal. Grazas á intelixente xestión do territorio fomos convertendo a Oleiros nun dos municipios mellor equipados para vivir. O resultado: zonas verdes, instalacións deportivas e culturais, espazos para todas e todos que parten principalmente dos beneficios sociais da xestión territorial.
Urbanismo
Novas
Vivendas protexidas en cooperativa dispoñibles en Mera
Completouse o proceso de solicitudes para as vivendas protexidas en cooperativa impulsadas polo Concello de Oleiros en Perillo e Xaz, cun total de 21 e 94 solicitudes respectivamente. Unha vez...
Un ano máis o Concello volverá decorar os espazos públicos con grandes murais
Durante todo o mes de xuño estará aberto o prazo para a presentación dos deseños. Agárdase, como cada ano, un alto interese para participar na convocatoria e contribuír co talento dos e das...
A Xunta actúa nas cornisas da Casa do Mar de Mera ante as denuncias do Concello
O Concello xa alertara desta situación en varias ocasións ao longo dos últimos anos, comunicando á Xunta de Galicia mediante informes técnicos a necesidade de actuar con urxencia ante os graves...
O Concello dálle 48 horas ao Arcebispado para a demolición dun muro perigoso en Santa Cruz
Na mesma propiedade eclesiástica, na rúa do Mar, o muro tamén se atopa nunha situación similar. Da mesma maneira, o Concello tamén lle outorgou un prazo de 48 horas ao Arcebispado para proceder á...
A Xunta atende as demandas do Concello e outorgará subvencións para as cooperativas de vivendas
“A Xunta sacara diferentes subvencións, que nós criticabamos porque realmente non chegaban a aquelas persoas que querían alugar ou mercar porque se daban canda a vivenda xa estivera feita. Pois...
O Estado confirma que rematará o paseo da ría e substituirá a pasarela do Castelo
Unha boa nova que o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, celebraba así: “Recibimos a agradable noticia de que o Ministerio rematará o paseo con cargo a fondos europeos; para iso o Concello ten...
O Concello denuncia ante a Fiscalía 6 supostos delitos do madeireiro que actúa sen licenza
Desde 2021 as súas empresas veñen realizando tallas indiscriminadas causando prexuízos como a afectación ao Monumento Natural da Costa de Dexo-Serantes, que forma parte da Rede Natura 2000, tallas...
Oleiros preserva nos seus núcleos compactos o uso comercial dos baixos
O Concello fixo pública a zona na que é posible converter os espazos comerciais en residenciais, cousa que é posible en calquera lugar do municipio menos en ámbitos moi urbanizados, onde se estima...
O Concello estuda as zonas nas que os baixos poderán converterse en vivendas
Serán considerados aptos para a función residencial aqueles que reúnan as condicións necesarias para a saída de fumes e a conexión de servizos de auga e saneamento respectando as actuais conexións...
Aprobación definitiva do proxecto da senda costeira entre Naval e Canide
Respecto ao proxecto aprobado inicialmente o pasado ano introdúcense algunhas variacións para facelo máis sostible e reducir o impacto medioambiental e paisaxístico. Entre outros cambios, o ancho...
O Concello demostra cun informe técnico que AENA sobredimensiona as afectacións sonoras do aeroporto
O Concello presentara alegacións ao Real decreto no que o Ministerio de Transportes aprobaba as servidumes aeronáuticas acústicas, o mapa de ruído e o plan de acción do aeroporto de Alvedro,...