Alcaldía

A comunicación directa e permanente cos veciños e coas veciñas de Oleiros é un dos piares básicos da nosa política municipal. A incorporación de novas tecnoloxías e o notable incremento da poboación, con novas necesidades, obríganos a realizar unha reforma permanente dos contidos e das infraestruturas en materia informativa.

Por iso, desde o Goberno local sentímonos comprometidos contigo, traballando, día a día, na mellora e na remodelación de todas as canles institucionais de comunicación.

Somos conscientes de que, agora máis que nunca, un dos medios máis empregados polos oleirenses para coñecer o que acontece no municipio está a ser a web municipal, que tamén se utiliza como canle de interrelación coa Administración para a xestión e a obtención de trámites burocráticos o que nos leva a abrir, constantemente, novos servizos de atención á cidadanía poñendo ao alcance de todas as persoas unha ampla oferta de información máis accesible, cómoda e rápida. Polo tanto, é preciso e conveniente que todos fagamos uso deste espazo creado para estreitar as relacións entre a veciñanza e o Concello. Unha web ao teu servizo a tan só un clic de ti.

Grazas pola túa confianza e benvidos a esta fiestra informativa aberta permanentemente ás túas suxestións e opinións.

Ángel García Seoane
Alcalde de Oleiros