Xestión - Consulta de Planos Urbanismo
PLANO 3: Xestión
Despece. Este plano está elaborado sobre a cartografía a escala 1/1.000, aínda que a información está estruturada para ser impresa a escala 1/5.000 en formato A-3 ou 1/2.500 en formato A-1. Está formado por 31 follas numeradas consecutivamente.
O primeiro plano é un despece que facilita a localización do nome do ficheiro de cada unha das follas do despece.
O plano contén a información gráfica sobre:
- Límites de distritos de solo urbano non consolidado.
- Ámbitos de xestión de solo urbano non consolidado, solo urbanizable delimitados e non delimitados.
- Ámbitos para normalización de predios.
- Sistemas xerais de dotacións previstos e forma de obtención (adscritos ou expropiación).
- Ámbitos de planeamento en desenvolvemento.