A nosa lingua tivo ata hai ben pouco tempo unha terrible historia de discriminación e represión. Hoxe trata contra reloxo de normalizarse como vehículo de uso común entre as galegas e os galegos, tratando de facerse o seu propio oco, como pode, á abraiante presenza de dúas linguas tan dominantes como o español e o inglés, que tamén forman parte das nosas vidas. Desde o Concello impulsamos o galego e esforzámonos en dinamizar o seu uso e ampliar os seus horizontes.
Normalización lingüística
Direcciones y teléfonos
Noticias
27 agosto 2026
Impartirase o Curso de introdución á lingua e cultura galegas no mes de outubro en Oleiros
A Secretaría Xeral da Lingua, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello, imparte un curso de lingua galega no mes de outubro. As persoas interesadas poderán inscribirse...
04 maio 2026
Este sábado 9 de maio volve o teatro á Fábrica
O Servizo de Normalización Lingüística programou para celebrar as Letras Galegas unha obra de teatro sobre a persoa homenaxeada este ano, Begoña Caamaño. Esta obra de teatro da compañía...