A fonoteca

A fonoteca

A mellor forma de coñecer a historia de Radioleiros é escoitando as xoias que se agochan  entre os fondos da súa fonoteca. Desde este espazo compartiremos os mellores momentos desta singradura radiofónica. Entra e sorprenderaste!

Título Audio
alfaroleiros95 (mp3, 1,4 MB)

O programa de Alfaroleiros do ano 1995 contado en directo, cun adianto da creación dunha obra dedicada a García Lorca no Museo dos Oleiros.

arsenioiglesias (mp3, 1 MB)

Arsenio Iglesias durante unha rolda de prensa, na presentación de un libro, lembra algunhas das súas anécdotas no Deportivo da Coruña.

Conferencia Profesor Quintanilla (mp3, 27,5 MB)

O Profesor Quintanilla falabanos do seu estudo sobre o suicidio. Ano 1987

feliupressamor (mp3, 3,8 MB)

O cantautor cubano Santiago Feliú, do movemento de La Nueva Trova, cántalle ao seu compañeiro arxentino Rafael Amor.

jimenezherrero (mp3, 640 kB)

O Doutor Fernando Gimenez Herrero, (xa falecido) que fora alcalde de Oleiros e médico en Mera, lembra en Radioleiros como era a rúa que hoxe leva o seu nome en Dexo.

kaydedalfaroleiros95 (mp3, 1,1 MB)

En terra de 'oleiros', escoitamos unha curiosa anécdota sobre as propiedades curativas do barro na I Guerra Mundial.

luissuarez (mp3, 1,3 MB)

Entrevista de Luís Seijas a Luís suárez . O exdeportivista fala sobre as súas relacións coa Federación e a falta de recoñecemento aos xogadores de alto nivel. A

manolorivas (mp3, 896,3 kB)

O escritor Manolo Rivas recita un poema dedicado á memoria de Rafael Bárez no acto de homenaxe a este último en Sta Cristina.

Paco Vazquez Inauguracion Alvedro - Maio 1990 (mp3, 380,9 kB)

Paco Vázquez eufórico..... ¡Sarna para los demas!

pan (mp3, 416 kB)

Anuncio radiofónico da programación de Radioleiros. Os sábados, ás 14:00 horas, un programa distinto!