Recoñocementos e premios

Recoñecementos e premios

Recoñecementos e premios

O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros recibeu xa numerosos galardóns en recoñecemento á súa labor de difusión e fomento da lectura.

  • Premio Fomento da Lectura a bibliotecas abertas ao público LIBER 2017, concedido pola Federación de Gremos de Editores de España.
  • Boas prácticas no VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas 2014, celebrado en Badajoz, pola actividade Ler para Saber.
  • Premio Irmandade do Libro 2012, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, na súa XXI edición, celebrado en Lalín.
  • Boas prácticas na Rede de Bibliotecas de Galicia, no ano 2011, pola guía Lecturas refrescantes.
  • Premio María Moliner 2011, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura.
  • Premio Irmandade do Libro 2009, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa XVIII edición, celebrado en O Carballiño. Descargar nota de prensa (PDF - 69.5 KB).
  • Finalista e Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría  de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2008.
  • Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedida polo Ministerio de Cultura, no ano 2007.
  • Selección do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2009 e outros anos anteriores.
  • Premio no Concurso "Abril, Mes dos Libros", concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, nos anos 2007 e 2008.
  • Premio Irmandade do Libro 1995, na modalidade de Institucións, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa IV edición, celebrado en Vigo.