Viveiro de empresas

 

O viveiro municipal de empresas do Polígono de Iñás conta con naves en réxime de aluguer, as cales procuran facilitar o arranque de novos proxectos de emprendemento, e axudar ao crecemento e a consolidación de empresas xa constituidas. Súas superficies oscilan dende os 202 m2 ata os 268m2.

Na actualidade están ubicadas carpinterías metálicas, empresas de reparación de coches, motos e caravanas, de reciclaxe de aceite, de mobiliario ecolóxico, fabricación de bicicletas, de comercio hardware-software e radiocomunicación...

Se tes interese en recibir información contacta connosco na Axencia de Desenvolvemento Local no:

                                  Centro Municipal de Formación “Isaac Díaz Pardo”

                                                   Dos Regos 24-15173 Oleiros

                                             Tf- 981  63 17 06 - 61 00 00 (Ext-4609)

Bárbara Caramés–Axente de emprego e desenvolvemento local    -  b.carames@oleiros.org