Sábado, 28 de febreiros de 2026 ás 20:30 horas
Lugar: Auditorio da Fábrica de Perillo
Carolina Varela Ribeiro é unha nova promesa da música e do fado con apenas 20 anos. Naceu en Lisboa e creceu en Benavente, no corazón de Ribatejo. Filla de dous talentosos fadistas, Ana Sofía Varela e Ricardo Ribeiro, Carolina introduciuse no mundo do fado desde moi cedo. A súa paixón pola música manifestouse aos 8 anos, cando empezou a tocar o piano e o saxofón.
Cantou nalgunhas das casas de fado máis emblemáticas de Lisboa como “O Faia”, “Fama d´Alfama” e “Mesa de Frades”.
Tivo unha memorable actuación con apenas 13 anos no Centro Cultural de Belén ao lado da súa nai. En 2024, conquistou o público no Festival Caixa Alfama.
Carolina é unha artista moi completa, non só se dedica ao fado senón que explora diversos xéneros musicais. Ademais de compoñer as súas canción, toca o piano e a viola. Con todo iso, segue mantendo unha orgullosa e forte relación coas súas raíces fadistas, o que reflicte a profundidade da súa arte e paixón pola música.