Plans parciais - Plan xeral de 1984 Urbanismo

Plans parciais

1. O Plan Parcial que ordena o ámbito de solo urbanizable da Urbanización Santa María de Canide, aprobado definitivamente o 23 de agosto de 2003, declárase subsistente, quedando incorporadas as súas determinacións ó Plan Xeral.

2. Os Plans Parciais formulados en desenvolvemento do solo urbanizable programado polo Plan que se revisa, decláranse subsistentes sen outras alteracións que as que puntualmente se indican nesta Disposición Transitoria e as referentes tanto ó aproveitamento baixo cuberta contemplado no acordo da C.P.U. de data 05.02.91 referente a Modificación do Plan Xeral como das disposicións transitorias do Plan Xeral de 1997. En consecuencia, as súas determinacións quedan incorporadas ó Plan Xeral.

  • PP.1. BEIRAMAR
  • PP.3. CAAVAMONTES
  • PP.5. SANTA CRUZ. A Revisión do Plan Xeral establece a obrigatoriedade de incluír parcialmente a parcela adxudicada 152 nunha reorganización da propiedade co obxecto de produci-la maclaxe entre tramas urbanas consolidadas, tal e como se indica no plano de xestión do Plan.
  • PP.6. OBELISCO. OLEIROS. O Polígono 2 do PP-6 Oleiros tramitarase conforme ó cambio de sistema de actuación aprobado definitivamente o 02.03.04.

3. Plans parciais en desenvolvemento de programas de actuación urbanística. Os Plans Parciais formulados en desenvolvemento de Programas de Actuación Urbanística aprobados en desenvolvemento do Plan Xeral que se revisa, decláranse subsistentes, quedando incorporadas as súas determinacións ó Plan Xeral.

Continuarán a súa execución nas condicións previstas nos respectivos Programas de Actuación, sen prexuízo do cumprimento das establecidas nestas Normas en relación a prazo de vixencia e execución.

Relaciónanse a continuación as datas de aprobación definitiva dos Programas de Actuación e Plans Parciais ós que se refire esta Disposición.

  • SUNP-A4.      Pía de Maianca. PAU e PP. 29.05.90.
  • SUNP-A15.    Os Regos. PAU e PP.  21.02.89.
  • SUNP-A20.    Lamastelle. PAU e PP. 28.01.86.
  • SUNP-A21.    O Carballido. PAU e PP. 06.04.90.
  • SUNP-A23.    I-1. Icaria. PAU e PP. 24.04.87.
  • SUNP-A29.    Xardín de Nós. PAU e PP. 21.05.91.
  • SUNP-A32.    I-2. A Xesta. PAU e PP. 06.09.91.
  • SUNP-A37.    Arenaza. PAU e PP. 27.11.91.
  • SUNP-A28.    O Vieiro.  PAU e PP. 06.04.90.
  • SUNP-A22.    A Choupana. PAU e PP. 23.12.93.
  • SUNP-A26.    As Vacarizas. PAU e PP. 28.01.93.
  • SUNP-A33.    Monte Sino. PAU e PP. 28.06.96
  • SUNP-E.        As Galeras. PAU e PP. 31.07.98

No SUNP-15 Os Regos, tolérase o uso de aparcamento baixo rasante na parcela dotacional docente.

SUNP-I3. Avda. das Mariñas aprobado definitivamente o 28.04.05.