Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais. Presentación

Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais. Presentación

O Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais do Concello de Oleiros está formado pola Biblioteca Central Rialeda, sita en Perillo, e sete bibliotecas auxiliares: a Biblioteca Pública Municipal e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro, localizada en Santa Cruz; a Biblioteca Pública Municipal Mª José Trincado situada en Mera; a Biblioteca Pública Municipal María José Ruso de Dorneda; a Biblioteca Pública Municipal Manuel María de Oleiros; a Biblioteca Pública Municipal Ánxel Fole, localizada en Nós e a Biblioteca Pública Municipal Xograr Mendiño, sita en Lorbé.

Estas bibliotecas posúen, en total, 438 postos de lectura en sala, un fondo bibliográfico de 162.979 libros e 12577 DVD (películas e documentais), 4215 CD, 1113 documentos electrónicos e 2874 doutros materiais especiais. 10 E-readers. 211 títulos distintos de publicacións periódicas abertas. Todos estes fondos son para servir a unha poboación de 37.252 habitantes, o que supón unha media de 4,37 libros por habitante situando ao Concello de Oleiros por riba da media de Galicia e da do Estado español.

Estas bibliotecas posúen 36 ordenadores para uso público, con conexión a Internet e servizo Wifi gratuíto.

O acceso é libre e gratuíto e os principais obxectivos que se pretenden conseguir son a difusión do libro e o fomento da lectura. É por iso que en todas estas bibliotecas se organizan ao longo do ano diversas actividades para fomentar o hábito de lectura na poboación. Realízanse diversas actividades para adultos, pero, principalmente, preténdese que os nenos, nenas e adolescentes descubran o pracer de ler, que vexan os libros como algo ameno co que poder pasar bos momentos, ao mesmo tempo que se instrúen e amplían os seus coñecementos.