Historia

A historia de Radioleiros

As cero horas do 25 de Xullo de 1980 nacía en Oleiros a primeira emisora municipal de Galicia. Co indicativo de  “Radio As Mariñas, Emisora municipal de Oleiros” A primeira experiencia radiofónica municipal galega sae o aire dende o primeiro andar da Casa consistorial  no 100.0 da frecuencia modulada.

A primeira emisión de unha radio municipal galega, durou pouco máis de unha hora. Foron exactamente 70 minutos o tempo que, con diversas argucias, conseguiron reter as autoridades municipais o Comandante do Posto da Garda Civil de Oleiros, o Sarxento, Raimundo González Antón e os  técnicos de Radio Nacional de España, D. Luís Pardo García e D. Emilio Orduña Griso, que foran designados por orde do Gobernador Civil da Provincia para proceder o precinto da emisora.

Durante unha hora, o escritor e xornalista Manuel Rivas conduciu un programa, integramente en Galego, que comenzaba co indicativo da Emisora. “Radio As Mariñas, emisora Municipal de Oleiros emitindo en frecunencia modulada a 100 megaciclos”, a continuación escoitouse o Himno Galego e o locutor, Manuel Rivas explicou que esta era a primeira emisora municipal de Galicia e tamén o primeiro medio radiofónico que emite integramente en Galego.  

A continuación Manuel Rivas entrevistou o Profesor da Facultade de Ciencias da Información da Universidade Autonóma de Barcelona, Emili Prado quen falou da experiencia das Emisoras Municipales en Catalunya. O propio Manuel Rivas falou despois do significado do 25 de Xullo para Galicia.

Cando se levaban uns 70 minutos de emisión cortouse o sinal,  para disgusto das máis de 500 persoas que a esa hora, a unha e dez minutos da madrugada, estaban congregadas no exterior da Casa Consistorial seguindo o acontecemento dende os receptores de radio dos coches aparcados na rúa.O precintado dos equipos silenciou a primeira emisora municipal de Galicia, pero non foi quen de impedir que a partir de aquel momento, en moitos concellos de Galicia empezara a debatirse a posibilidade de instalar as súas emisoras municipais e nalgúns casos poñer en marcha experiencias similares a de Oleiros.

Durante case seis anos estiveron precintados os equipos de aquela pequena e artesana emisora de 20 vatios ata que en Febreiro de 1986 o Pleno da Corporación Municipal acordaba por unanimidade a posta en funcionamento da Radio Municipal. En aquel momento xa funcionaba outra emisora municipal, Radio Fene, que collera o testigo de Radio As Mariñas en 1984. 

Non podemos rematar esta breve historia de Radio Oleiros sen lembrar a contribución de tantos colaboradores e colaboradoras que aportaron a súa frescura e creatividade. Eles son tamén parte da pequena historia de Radio Oleiros. Entre eses colaboradores gustariame destacar a José Manuel Pan López que en Decembro de 1990 gañaba o premio Inserso. Primeiro premio no apartado de radio. Competía con outros programas presentados por Radio Nacional de España ou Radio Popular. Pan demostrou que se podian abordar aspectos sociales con  programas de calidade dende unha radio pública feita en Galego. O 18 de Decembro de 1990 recibia en Madrid de mans da Ministra de Asuntos Sociales, Matilde Fernández o Primeiro premio no apartado de Radio.

Ademais de Pan esta emisora contou con colaboracións como a do polifacético artista, José María Kaydeda, ou escritores como Xesús Alonso Montero, Neira Vilas e outros moitos sen esquecer a  xovenes e adultos que dende estas ondas puxeron no aire a súa mensaxe e creatividade. Algúns son hoxe recoñecidos xornalistas na radio ou na Tv, outros tomaron o camiño da música ou outros derroteiros profesionais,  pero todos eles contribuiron a consolidar este proxecto radiofónico local que dende Oleiros se abre o mundo.