Plan de Mobilidade Urbana Sostenible

Plan de Mobilidade Urbana Sostenible

Plan de Mobilidade Urbana Sostenible

O PMUS do Concello de Oleiros está orientado a conseguir un cambio no modelo de mobilidade actual do concello, coa finalidade de aumentar a súa sustentabilidade. Deste xeito, e a través da actuación nas diferentes dimensións territoriais e urbanas con incidencia na mobilidade, o PMUS ten por obxectivo reorientar o modelo actual a través do fomento dos modos de desprazamento non motorizados, a potenciación do transporte público e a racionalización do uso do automóbil, tanto respecto dos residentes como dos visitantes e turistas, conxuntamente cunha mellor xestión da demanda de mobilidade, da coordinación administrativa e a difusión da información.

Pode descargar para consulta o documento completo que se anexa.

Pode consultalo Decreto de Aprobación Definitiva do documento.