Hemeroteca

Desde Octubre 2010

Atrás Inminente demolición das antigas instalacións da Opel

A empresa propietaria das antigas instalacións do concesionario da Opel, en Perillo, ten ata o vindeiro 15 de setembro para executar a demolición do edificio, despois do prazo de catro meses concedido polo Concello de Oleiros o pasado 15 de maio.

O Concello concedeu este prazo para que a propiedade executase os traballos, tras a preocupación e inquedanza manifestada pola veciñanza polo estado de abandono das instalacións. A situación agravouse despois dun incendio no inmoble, que non chegou a maiores grazas á rápida intervención do Servizo Municipal de Emerxencias.

Se chegado o 15 de setembro a empresa non executase a demolición, o Concello procederá á execución subsidiaria dos traballos, asumindo inicialmente a demolición para garantir a seguridade e o adecuado estado do espazo, e posteriormente cargará á propiedade o importe correspondente dos traballos realizados. 
 

back link