PRESENTACIÓN

O SERVIZO MUNICIPAL DE EMERXENCIAS E PROTECCIÓN CIVIL

O Servizo Municipal de Emerxencias e Protección Civil do Concello de Oleiros (SMEPC) constitúese en outubro de 2007. Este servizo está formado por 9 axentes de emerxencias e protección civil que realizan servizo as 24 horas dos 365 días do ano, un auxiliar administrativo e 1 supervisor. Ademais, desde o día 15 de xuño ata o 15 de setembro conta con 1 supervisor/a, 1 xefe/a de equipo, 24 socorristas, 6 patróns/as-socorristas e 6 sanitarios/as que prestan servizo nas praias do termo municipal. Ademais o SMEPC esta apoiado pola Agrupación de Voluntarios de Protección Civil que colabora co servizo profesional participando nas diversas actividades preventivas.

Destacan entre as actividades levadas a cabo polo SMEPC as seguintes: actuación ante calquera emerxencia, operativos preventivos en diversos actos onde se produza unha masificación de xente, formación en autoprotección a colectivos, colaboracións coa universidade na formación de socorristas, etc.

O SMEPC realiza unha formación continua dos seus compoñentes tanto profesionais como voluntarios para poder prestar un servizo axeitado.

O SMEPC ten a súa base operativa na rúa Barbanza nº 2-A, nave 1, Iñás, e conta co material necesario para a intervención tanto nas emerxencias como nos operativos preventivos.