Imaxe Teatro de Ningures: As Gardiás ou o nó do tecelán
Teatro de Ningures: As Gardiás ou o nó do tecelán

PROGRAMACIÓN DE ESPECTÁCULOS DA REDE AGADIC 2º SEMESTRE 2025

  • Descripción: Autoría: Nasser Djemaï Dirección: Cristina Domínguez Elenco: Casilda Alfaro, Melania Cruz, Amparo Martínez, Sonia Rúa e Rebeca Montero Xénero: comedia Duración: 90 min Público: adulto (maiores de 12 anos) Sinopse: As Gardiás, ou o dereito a decidir como xestionar a nosa propia vellez. O humilde piso de Rosa, nun vello edificio no corazón dun barrio popular dunha vila obreira, é o refuxio acolledor dunha tribo de catro mulleres maiores organizadas. Rosa (que se topa nunha cadeira de rodas) e as súas compañeiras, Ana, Marga e Susana, son operarias xubiladas da industria téxtil, e están decididas a preservar a súa independencia. Cando a filla de Rosa, Vitoria, propón trasladala a unha institución médica e vender o apartamento, comeza unha loita entre dúas visións do ben envellecer. Enfrontadas ás decisións de Vitoria, as vellas mulleres defenden o seu dereito a vivir xuntas e en liberdade e artellan unha serie de estratexias para convencer a Vitoria de que a súa é a postura mellor. Prezo: 4,00 €
  • Fecha del evento: Sábado 22 de novembro  
  • Lugar de celebración: Auditorio Gabriel García Márquez (Mera)
  • Horario: 20:30 horas