Actividades de verán 2024

O programa de actividades de verán abrangue un conxunto de actividades organizadas polos servizos de Cultura, Deportes, Educación e Xuventude para o tempo de lecer.

A quen vai dirixido?

Rapaces e rapazas nados entre os anos 2006-2021. En cada actividade definiranse os rangos de idade que abrangue, e so poderá admitirse quen estea dentro de dito rango.

Data do evento

Xullo e Agosto do 2024

Horario

Varios horarios, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.

Lugar de Celebración

Varias sedes, dependendo da actividade. Consultar Folleto Actividades de Verán 2024.

Inscricións
  • Do 23 desde as 10:00 horas ao 30 de abril. Preinscrición telemática na sede electrónica, só para persoas empadroadas e un máximo de 3 actividades.
  • Do 6 ao 8 de maio: publicación de listas de preinscrición e achega de reclamacións.
  • 15 de maio. Sorteo público ás 12.00 horas no CC A Fábrica.
  • 20 de maio: Publicación de listas definitivas na web municipal.
  • Do 27 ao 31 de maio: Pagamento e entrega de documentación.
  • Do 5 ao 10 de Xuño: Xestión de listas de agarda, pagamento e entrega de documentación.
  • A partir do 13 de xuño: Publicación de vacantes e inscrición libre para persoas empadroadas e non empadroadas.
Prezo


 

Medios de contacto
Outra información de interese
  • A preinscrición telemática debe realizarse obrigatoriamente na web municipal www.oleiros.org, no catálogo de tramites da sede electrónica.
  • Admitirase unha única solictude por participante (a nome e cos datos do neno ou nena interesado/a) e nela poderán marcarse un máximo de 3 actividades.
  • Se alguén presenta máis dunha solicitude co mesmo nome a través da sede electrónica darase como valida a última presentada.
Preinscrición