Ligazóns

Dicionario da Real Academia Galega

Inclúe a versión do dicionario da Real Academia Galega (1ª edición, A Coruña: RAG, Novembro 1997), o dicionario de Pedagoxía (1997) e outros recursos achegados pola Secretaría Xeral de Política Lingüística

Dicionario de galego de Ir Indo

O primeiro dicionario galego en liña inclúe etimoloxías; equivalencias en portugués, castelán, inglés e aleman; sinónimos, antónimos e variantes; conxugación de verbos; a posibilidade de buscar partindo de entradas en portugués, castelán, inglés e alemán e mesmo permite o acceso dende o móbil a través de wap.digalego.com

Google tradutor

Google dispón dun servizo de tradución gratuíto que ofrece, de forma instantánea, traducións a 57 idiomas distintos. Con este sistema pódense traducir palabras, frases e páxinas en calquera combinación de idiomas compatibles.

Loia

Loia é un proxecto do Consello da Cultura Galega, a través da súa Sección de Lingua e o Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia. Ofrece unha selección de recursos, en rede e bibliográficos, a través dos cales cada un pode seguir internándose no coñecemento do galego.

Lucy KWIK Translator

Tradutor da empresa Lucy Software and Services GmbH, especializada en tecnoloxía e servizos de tradución.

Modelos de documentos administrativos da Universidade de Santiago de Compostela

Compendio dos documentos administrativos máis utilizados na Universidade. De cada un ofrécese un documento modelo comentado en formato PDF para que sirva de guía útil para a creación de documentos administrativos modernos, áxiles e efectivos.

Obradoiros terminolóxicos da Universidade da Coruña

Listaxe de vocabularios publicados no desenvolvemento da campaña 'Profesionaliza a túa lingua', gañadora da primeira edición do Premio Luísa Villalta da Universidade da Coruña

Opentrad

Plataforma de tradución automática en código aberto e de uso gratuíto na súa versión básica. Na actualidade ofrece traducións en máis de 20 linguas.

Opentrad Apertrium

Tradutor elaborado polo Seminario de Lingüística Informática da Universidade de Vigo que permite a tradución de textos e ficheiros, así como navegar pola web con tradución.

Repertorio de formas incorrectas de Ir Indo

Listaxe de voces non admitidas en galego (castelanismos, estranxeirismos, vulgarismos, hiperenxebrismos, etc...) que remiten á súa forma correcta, indicada segundo a entrada que se recolle no dicionario de Ir Indo.

Traducíndote

Programa realizado en PHP para traducir arquivos con formato odt de Openoffice. Emprega o software de traducción Opentrad-Apertium, con licenza GPL, e ofrece a posibilidade de traducir entre as diferentes linguas da península.

Tradutor da Xunta de Galicia

Sistema de tradución automática de textos e páxinas web da Xunta de Galicia