RUTA POLOS CHOZOS DO SUÍDO
6 de abril
Visita cultural: Centro arqueolóxico dos Petróglifos de Tourón

RUTA FAMILIAR: PONTECESO-PRAIA DE BALARÉS E MUSEO DO MELGA
20 de abril
Visita cultural: MELGA (Museo Etnolúdico de Galicia) ou olaría de Aparicio (Buño)

RUTA POLO COSTA DA MORTE NORTE: DE CAIÓN AO PORTO DE RAZO
11 de maio
Visita cultural: murais “Derrubando muros” de Carballo

RUTA DE PEDRAFITA DO COUREL A PARADA POR CASTRO DE BRIGO
25 de maio
Visita cultural: Casa Museo de Uxío Novoneyra

RUTA DA RÍA DE LIRES AO CABO DE FISTERRA
15 de xuño
Visita cultural: castelo de Fisterra, Museo do Mar e a Pesca

RUTA FAMILIAR. LAGOA E MOSTEIRO DE SOBRADO
29 de xuño
Visita cultural: Mosteiro de Sobrado dos Monxes

RUTA POLOS ANCARES: QUINTÁ - RÍO DONSAL
28 de setembro
Visita cultural: Castro de Santa María, San Román de Cervantes

RUTA POLO RÍO GAFOS E PASEO POLA VILA DE PONTEVEDRA
19 de outubro
Visita cultural: Museo Provincial de Pontevedra

 

 

 

ANDARES POR GALICIA: NORMAS E RECOMENDACIÓNS

  • Este programa oriéntase ao descubrimento das características máis importantes a nivel natural, social e cultural das zonas que se visiten e no estímulo da conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural.
  • Trátase de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
  • Recoméndase roupa axeitada e cómoda e calzado específico para a actividade de sendeirismo, auga, gorro ou gorra, crema solar, bastón/s (opcional), e froita ou froito secos para levar na mochila durante a ruta.
  • O xantar e as bebidas das persoas participantes correrán pola conta de cada quen.
  • É recomendable que as persoas participantes informen sobre o estado físico, enfermidades cardiovasculares ou calquera outra contraindicación ou información relevante antes de iniciar calquera ruta (antecedentes, tratamentos médicos, etc.)
  • Así mesmo, é recomendable manter esta información médica actualizada se existira algunha variación entre a inscrición e o desenvolvemento das diferentes rutas.
  • A organización poderá impedir a práctica da actividade a aquelas persoas ás que considere poda resultarlles contraindicada, perigosa ou lesiva.
  • Os autobuses sairán con puntualidade nos horarios previstos. As persoas que non se presenten nos horarios acordados non terán dereito á devolución do prezo publico.
  • Durante a actividade respectaranse en todo momento as indicacións do monitorado en materia de seguridade, itinerarios a seguir ou recomendacións para o respecto e a protección do medio ambiente e o patrimonio cultural.
  • Evitarase coller plantas, que nalgúns casos son especies protexidas, autóctonas ou propiedade privada. Tampouco se deixará lixo de ningún tipo, nin restos orgánicos. Será responsabilidade de cada quen levalos de volta ou depositalos nunha papeleira.
  • As actividades ofertadas están suxeitas ás condicións do medio no que se desenvolvan e das persoas participantes, polo que poderán sufrir cambios a criterio do monitorado antes, ou incluso durante a actividade, por factores meteorolóxicos, físicos ou de seguridade ou ante circunstancias sobrevidas alleas á organización.
  • A organización gárdase o dereito de non admitir en rutas sucesivas a aquelas persoas que non acepten ou respecten esta normativa, provocando calquera altercado que poda incidir negativamente no desenvolvemento da actividade ou no resto de participantes.