Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Bastiagueiro recoñecida en Valencia como única praia do atlántico con Bandeira Azul desde 1987

Só hai 7 praias en toda España que recibisen a Bandeira azul de forma ininterrompida desde a creación desta prestixiosa distinción no 1987: 6 valencianas e Bastiagueiro. Por este motivo, o Concello de Oleiros foi recoñecido en Gandía por parte da entidade Asociación de Educación Ambiental y del Consumidor (ADEAC), nun acto no que participou a 1ª Tenente de alcalde, María José Varela, e o concelleiro de comunicación, Pablo Cibeira.

O rigoroso traballo realizado polo Goberno municipal desde o inicio da democracia en canto á conservación do litoral, protección do medio ambiente e ordenación das praias e da súa contorna posibilita a consecución deste destacado recoñecemento. Igual que en anos anteriores, Santa Cristina, Naval, Mera e Espiñeiro tamén recibirán a bandeira azul, igual que o Castelo de Santa Cruz e a Aula do Mar de Mera, en recoñecemento á divulgación do medio ambiente.

Bastiagueiro, igual que os outros areais do municipio, dispón dunha calidade de auga excelente para o baño e de todos os servizos necesarios para gozar dos areais con seguridade. Rodeada de parques e numerosos equipamentos públicos é un lugar marabilloso para a convivencia, o lecer e o deporte durante todo o ano.

back link