Alcaldía

A Alcaldía é o principal órgano de goberno e xestión municipal, onde se centralizan todas as decisións políticas que afectan ao desenvolvemento diario do municipio e dos seus habitantes.

Coñecer o funcionamento e a composición da corporación municipal de Oleiros, que te representa na Administración local, é o teu dereito e tamén o teu deber. Nesta sección poderás atopar as responsabilidades políticas de cada un dos/das concelleiros/as electos/as que compoñen a presente lexislatura. A orde de aparición responde á porcentaxe de representación electoral de cada grupo político. Así, en primeiro lugar, aparecen as persoas integrantes do goberno (por ser a lista máis votada), formado por Alternativa dos Veciños, e a continuación cada un dos grupos na oposición (PP, PSOE, BNG e CS).

Tamén podes usar o espazo habilitado para contactar co teu alcalde e formularlle as túas opinións, suxestións, críticas ou propostas. Todas serán estudadas e contestadas.