Plan xeral - introdución

Revisión do Plan Xeral

O vixente Plan Xeral é consecuencia dun proceso continuado de redacción e xestión de planeamento iniciado en 1984 co primeiro Plan Xeral. Logo dunha permanencia de, aproximadamente, dous cuadrienios foi substituído pola primeira Revisión aprobada polo Concello no Pleno do 5 de maio de 1997 (DOG nº 142, do 24 de xullo de 1997).

Este documento foi substituido co aprobado coa Orde de 11.03.09 da C.P.T.O.P.T.

Nos seguintes apartados pode vostede consultar a Normativa e documentación gráfica do Novo Plan Xeral que constitúe o terceiro planeamento de Oleiros. 

Este é xa o terceiro Plan xeral de ordenación do Concello de Oleiros desde a implantación da democracia en España.

Hai catro aspectos que, non sendo novidosos, foron considerados importantes pola Corporación:

  • A análise do sistema de comunicacións e a accesibilidade en xeral.
  • A adaptación das determinacións de planeamento ao novo marco lexislativo.
  • A revisión dos feitos urbanos existentes.
  • A revisión da normativa urbanística do Plan e a emerxencia de novas dotacións.

O Concello Pleno en sesión do 31 de maio de 2005 acordou proceder á aprobación inicial do documento da revisión.

Tras a súa aprobación provisional nunha sesión plenaria realizada o pasado 16 de maio de 2006 na Casa Charry, o Goberno municipal adoptou o acordo de expoñer durante quince días, na web institucional así como no taboleiro de anuncios da Casa Consistorial, as resolucións das 1.278 alegacións presentadas para coñecemento público de todas as persoas afectadas e interesadas.

Con data do 1 de xuño de 2006 entrégase o documento na Xunta de Galicia para que, de acordo co artigo 85 da Lei 9/2002 de ordenación urbanística, se aprobe definitivamente.

A Consellería de política Territorial por Orde do 14 de marzo de 2007 impón a necesidade de facer unha serie de correccións e axustes con carácter previo a Aprobación definitiva.

Con data 2 de decembro de 2008 o Concello en Pleno aproba o documento de cumprimentación da Orde de 14 de marzo de 2007 da C.P.T.O.P.T.

Por Orde de 11.03.09 da C.P.T.O.P.T. apróbase definitivamente e parcialmente o documento (ver zonas afectadas por servidumes e afeccións aeronáuticas).

Con data 28 de abril de 2014 O Concello en Pleno aproba o “Documento de cumprimentación da Orde do 11 de Marzo de 2009 da C.P.T.O.P.T.” completando así o planeamento xeral para todo o Termo Municipal.

 

Este documento recolle as  condicións impostas na anterior Orde do año 2007, axusta a clasificación do solo dos ámbitos que estaban pendentes de aprobación, fanse correccións de algúns erros detectados e redúcese a pegada sonora, unha vez determinado xudicialmente que o ámbito da mesma é a establecida no año 2006.

Para velo certificado de dito acordo – pinche aquí -  

 

Con data 9 de xullo de 2014 o Concello Pleno acordou adaptalo Plan Xeral á Lei 8/2012 de Vivenda de Galicia en canto ás porcentaxes de vivenda sometida a algún réxime de Protección, rebaixando a reserva media do Concello (PRTC) ó 10%. Esta rebaixa de porcentaxe, tende repetido en marzo de 2020, como se detalla máis adiante.

ORDE DO 11 DE DECEMBRO DE 2014 SOBRE A APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL. para vela Orde - pinche aquí -

ACORDO EN RELACIÓN AO DOCUMENTO REFUNDIDO.

O Concello Pleno en sesión de 29.01.2014 adoptou o seguinte Acordo:

Primeiro.-       Tomar coñecemento do contido da Orde de 11.12.2014, sobre aprobación definitivo do PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DO CONCELLO DE OLEIROS.

Segundo.-      Dar a conformidade ao documento refundido do Plan Xeral Ordenación Municipal, doc. n° 2014018735 de 27.12.2014 elaborado polo equipo redactor, no que se corrixen as observacións formuladas na Orde de 11.12.2014.
Terceiro.-        Proceder á publicación da Normativa e Ordenanzas do PXOM no BOP.
Cuarto.-          Comunicar este acordo á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS (Secretaria Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo).
Quinto.-          Comunicar á CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E INFRAESTRUTURAS, que de conformidade coa Disposición Adicional Segunda n° 6 do Real Decreto 2591/98 modificado polo RD 297/2013, deberá remitir o PXOM aprobado definitivamente, acompañado de certificación do acto de aprobación definitiva á Dirección Xeral de Aviación Civil."

Para velo certificado do Acordo.......................... - pinche aquí -.

DOG Nº16 de 26 de xaneiro de 2015, para velo - pinche aquí - 

BOP Nº29 de 12 de febreiro de 2015, para velo - pinche aquí -

 Nos seguintes apartados pódese escoller entre:

  • Consultalos textos da Memoria de ordenación, Normativa Urbanística, Estudio Económico Financieiro e Anexo de Catálogo.
  • Consultar os planos de estrutura xeral, ordenación, xestión, servizos, catálogo ou servidumes aeronáuticas.

ADAPTACIÓN 2ª DO P.X.O.M. DE OLEIROS Á LEI 8/2012 DE VIVENDA DE GALICIA EN CANTO ÁS PORCENTAXES DE VIVENDA SOMETIDA A ALGUN TIPO DE PROTECCION

Con data 11 de marzo de 2020 o Concello Pleno acordou, por segunda vez, adaptalo Plan Xeral á Lei 8/2012 de Vivenda de Galicia en canto ás porcentaxes de vivenda sometida a algún réxime de Protecciónrebaixando a reserva media do Concello (PRTC) ó 6,40%. 

Para velo certificado do Acordo - pinche aquí -.

BOP Nº53 de 20 de marzo de 2020, para velo - pinche aquí -.

DOG Nº75 de 20 de abril de 2020, para velo -pinche aquí -. 

Inscrición no Rexistro de Planeamento Urbanístico da Xunta do 09/06/2020 RPG/00040/2020