ALTA COSTURA

Elefante Elegante

Sábado, 18 de abril de 2026 ás 20:30 horas

Lugar: Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera

Un espectáculo cómico, irónico e poético sobre a moda e a súa estreita relación co consumo, o recoñecemento social, a contaminación, a saúde e as condicións laborais.

ALTA COSTURA retrata o percorrido da produción da roupa desde a orixe da materia prima empregada na fabricación dos tecidos ata a confección das pezas, a súa distribución e a perversidade dos mecanismos de reciclaxe.

O espectáculo dá especial relevancia aos mecanismos de venda, ao espazo sensorial da tenda e á relación contemporánea que o gran público mantén co acto de mercar e  tirar roupa. ALTA COSTURA detense detalladamente na “fast-fashion”: o momento da compra, a filosofía de mercado empregada polas principais marcas e pola rapidez con que os produtos se desvalorizan, caen en desuso e se transforman en residuos abundantes e altamente contaminantes.

ALTA COSTURA é unha creación de teatro visual. A estrutura escénica, as actrices, os actores, as bailarinas, os bailaríns e a música constitúen un organismo vivo en constante movemento e transformación que comunica a través dos sons, dos obxectos, das cores, das formas, dos movementos e das palabras.

  • Creación: María Torres e Gonçalo Guerreiro
  • Texto: Tiago Alves Costa
  • Dirección de escena e escenografía: Gonçalo Guerreiro
  • Elenco artístico: María Torres, Pablo Sánchez, Sofía Espiñeira e Raquel Crespo
  • Duración: 60 min
  • Clasificación: comedia
  • Público adulto (maiores de 14 anos)

Prezo: 4,00 €