Malasombra
Sábado, 21de marzo de 2026 ás 20:30 horas
Lugar: Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A partir destes feitos históricos Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX, trata con frescura e desenfado, pero con rigor e reflexión, a cuestión do hoxe en día chamado “lawfare”, así como outros temas (a lingua, a cultura, a identidade...) que seguen vixentes na actualidade.
Un espectáculo no que tres actores e unha actriz encarnan once personaxes distintos: figuras populares coma un zapateiro, unha lavandeira, un taberneiro ou un músico militar; figuras burguesas coma un boticario e a súa devota e espelida esposa; figuras institucionais coma un crego, un bispo e un xuíz; a figura intelectual do propio Curros Enríquez; e unha figura fantástica: a do “maio de flores cuberto”, símbolo de esperanza ao que o propio escritor dedicou un dos seus máis celebres e musicados poemas.
- Autoría: Cándido Pazó
- Dirección: Cándido Pazó
- Elenco artístico: Jouse García, Marcos Orsi, Paula Pier e Xoque Carbajal
- Duración: 75 min
- Clasificación: comedia
- Público adulto (maiores de 14 anos)
Prezo: 4,00 €