José María Kaydeda

José María Kaydeda

En realidade o seu nome era José María Calzada Dalmases, non en tanto popularizouse o seu seudónimo de Kaydeda, as veces co seu patronímico anticipándoo. Autodidacta, multifacético, viviu amplamente en Galicia, ata o punto de considerárselle galego con frecuencia. Dada a súa afección e interese polo esotérico e lendario e ao seu aspecto  bohemio sempre se lle considerou un rara avis, e un vangardista.

Poeta, pintor, grabador, ensayista de todo o imaxinable, comezou a expoñer en Compostela tras a guerra civil, en 1941, para seguir por España adiante e saltar a Suramérica, Portugal e Italia.

Tamén escultor, foi galardoado no Concurso de Arte Sacro de Barcelona en 1964, no Salón del Toro, en Soria, en 1966 e o do Deporte en 1967. A él se lle debe o monumento ao emigrante da Coruña. Tamén muralista, esta modalidade a ten repartida por toda Cataluña, de cuxa Escola Sant Jordi foi profesor. En Vigo expuso al lo menos dúas veces, nos anos setenta. Unha mostra notable foi a do Kiosco Alfonso da Coruña, en 1997.

Informal as veces, surrealista, expresionista e preocupado por utilizar materiais insólitos, Kaydeda podía levar aos seus soportes tanto cinzas ou sílices como fragmentos de espellos, cos que simulaba anxos refulxentes. Seu paisaxismo é residual, apenas referenciado, mostrando terras ásperas, como queimadas, desérticas, identificables como a visión de Salvador Rueda ou de Francisco Farreras.

Na escultura é escueto, xeometrizante, inspirado por Martín Chirino. Aínda que tamén pode aproximarse ao Picasso máis elementalizado, xa que as súas influenzas son múltiples, nn en tanto, sempre acaba imprimindo a súa marca persoal xa que o seu talento e creatividade son inesgotables.

Vive a súa infancia en Ferrol e na Coruña, onde traba amizade con artistas notables como Labra, Lugrís, Tenreiro, Patiño, Molezún, Díaz Pardo, e con escritores como Cela, Mariano Tudela, Cunqueiro e Raul Grien. Foi a súa compañeira durante anos a novelista catalana Carmen Kurtz, autora de deliciosos libros fantásticos para nenos e xoves, nos cales ten parte, sen dúbida, Kaydeda.

Home intermitente, eternamente inquedo, aparecía e desaparecía, recordando sempre amizades vellas e traendo novos modos de entender o arte, desde o surrealismo de Max Ernst ou Dalí ata o constructivismo de Torres García ou o expresionismo de Guayasamin, con quen conviviu no Ecuador.

Obra, pois , heteroxénea, desigual aínda que nunca vulgar ou anodina, e con frecuencia en verdade sorprendente e interesante, se tal o home, a sua riquísima personalidade ou ampla cultura, superaban as expresións plásticas, repartidas en museos e coleccións de medio mundo.

José María era ante todo un Home de profunda espiritualidade. Aínda que non comulgaba con confesiones oficiais sí tiña a sua propia idea de Deus, da vida e da morte, e tamén do máis alá. Durante a súa vida, Kaydeda recopilou un sinfín d ematerial esotérico nas súas viaxes polo mundo: reliquias, ídolos, amuletos e todo tipo de artesanía máxico-relixiosa compoñen a súa colección. Ademais, Kaydeda adicouse durante a súa madurez a recopilar evanxeos apócrifos que traduciría ao castelán para elaborar o seu libro Os apócrifos, Jeshua e outros libros prohibidos, presentado no ano 1987 en España. Nesta obra Kaydeda amosaría a súa disconformidade coas teorías cristiás sobre a vida de Cristo, do que dubidou sempre da súa existencia, mostrándose partidario da existencia dunha forza creadora en forma de enerxía e reforzando a idea de “salvación” a través da virtude e o coñecemento.

Na súa madurez coñece a catalana Teresa Jorge, Muller vencellada a Galicia xa que a súa avoa era pontevedresa. Kaydeda nunca chegará a se divorciar da súa primeira esposa máis no sucesivo, vivirá apegado a Teresa até a súa morte en 2006. Teresa profesaba un profundo apego pola artesanía, en especial pola olería popular, algo que contaxia a José María e ambos adican o resto da súa vida a percorrer España recopilando material de diferentes obradoiros populares até crear unha vasta colección de 4.500 pezas.

Kaydeda e Teresa atópanse entón ca necesidade de darlle unha nova dimensión a este inxente traballo e buscan un lugar onde poder crear un museo alfareiro onde expoñer a súa colección. Son moitos os sitios que amosan un inicial interese no proxecto e mesmo a piques están de convencer ás autoridades autonómicas de Madrid e Galicia. Finalmente no ano 1995 a parella chega a un acordo co Concello de Oleiros para crear unha institución museística en Santa Cruz. O equipo de goberno oleirense levaba tempo tratando de crear unha imaxe que outorgara unha identidade a un concello Moi espallado e onde os localismos entre diferentes parroquias era a tónica xeral. Kaydeda e Teresa comezan entón a dirixir o museo que levará o nome do seu fundador.

Os últimos dez anos da vida de José María van estar íntimamente vencellados a Oleiros como diretor do museo. Ambos establécense no municipio e botan raíces entre a veciñanza, até que no ano 2006 Kaydeda falece abrindo xa a lenda do home bohemio e ilustrado que lle ofreceu a Oleiros unha nova identidade. Hoxe Teresa segue a vivir en Oleiros, residindo nun centro adaptado debido ás necesidades inherentes a súa idade, e sendo parte da memoria viva do concello e do museo.

Ao longo do último terzo do século XX, unha porcentaxe moi elevada das olerías do noso país foron desaparecendo. O interese desta extensa colección, non radica exclusivamente no cuantioso mostrario de pezas, máis de 5.000, senón no valor de documento que estas obras posúen como testemuñas da desaparición do estilo de vida tradicional que as produzo.

A colección compleméntase cun fondo fotográfico que vén documentar as distintas olerías. Este repertorio de imaxes permite coñecer o tipo de modelado que realizaba cada artesán, as ferramentas empregadas, os tipos de fornos e, mesmo, o tipo de combustible para acender o lume. Todos estes elementos constitúen unha importante fonte de información para o estudo etnolóxico da olería en España. Por outra banda, tamén aporta interesantes datos sobre os homes e mulleres que deron forma a profesión da olería do noso país.

Ademais, o Museo conserva unha pequena colección de cestería tradicional vencellada ao mundo da olería, constituída por unhas 50 pezas, centradas nos sistemas de carrexo e transporte empregados no traslado e uso da cerámica, pero que veñen a completar a lectura dalgunhas das pezas da colección.

Por outra banda, a colección Kaydeda inclúe un apartado dedicado á olería precolombina. Unha modesta colección de obras de distintas culturas da América prehispánica de gran interese, xa que posúe o valor engadido de ser a única colección destas características de acceso público na nosa comunidade.

      1. Obra:
        1. Literatura:
          1. 24 horas, versos humanos (1956)
          2. El payaso triste (1982)
          3. Los apócrifos y otros libros prohibidos (1987)
          4. Café Gijón, 100 años de Historia (1988)
          5. Los rituales fálicos(1989)
          6. Al filo del Tiempo (1991)
          7. Nueva enciclopedia de las ciencias ocultas (1991)
          8. El milenio, el Apocalipsis y el fin del mundo. Toda la verdad sobre la gran mentira (1999)
        2. Pintura:
          1. Retrato (1948)
          2. Botellas (1955)
          3. Cristo (1951)
          4. Homo Sapiens (1954)
          5. La autolimosna (1954)
          6. Reflejos (1960)
          7. Larvas (1960)
          8. Otoño (1960)
          9. Canción de jinete (1963)
          10. Ciudad y chimeneas (1963)
          11. Maquinaria (1965)
          12. Sol de la metalurgia (1965)
          13. Composición (1971)
          14. Nevada (1973)
          15. Ciudad desde el agua (1973)
          16. Panorámica (1973)
          17. Los palos (1973)
          18. Horizantes (1974)
          19. El halo del sol (1974)
          20. Roca (1974)
          21. Ocaso (1975)
          22. Luna en Castilla (1975)
          23. Cruz Roja (1976)
          24. Las algas (1976)
          25. Ropa (1976)
          26. Puerta de sol negra (1976)
          27. Paisaje solitario (1978)
          28. Paisaje en blanco (1978)
          29. Paisaje en negro (1978)
          30. Extraterrestres (1979)
          31. Derribo (1979)
          32. Ruinas de luna negra (1985)
          33. Luna roja (1982)
          34. Otros mundos (1988)
          35. Planeta (1990)
          36. Sacar la luz del negro (1990)
          37. Paz en el horizonte (1992)
          38. Alborada no Finisterre (1993)
          39. Noche en la arena (1993)
          40. Noche en el paraíso (1993)
          41. Luna druida (1993)
          42. Luz de infinito (1994)
          43. Miña casiña, meu lar (1994)
          44. Campanas de Bastabales (1994)
          45. Barca na area (1994)
          46. Bodas de sangue (1994)
          47. Costa da Morte (1994)
          48. Negra sombra (1994)
          49. Noite de bruxas (1994)
          50. Ocaso Rojo (1994)
          51. As derradeiras mazás (1994)
          52. Las granadas (1994)
          53. La taza de vino (1995)
          54. El rincón del marinero (1995)
          55. Nocturno (1995)
          56. Amanecer (1996)
          57. Atardecer (1996)
          58. Serie ecológica (1996)
          59. Recordando a Zurbarán (1996)
          60. Judas Iscariote (1996)
          61. El pájaro de fuego (1996)
          62. Transverberación mística (1996)
          63. Tristura de solicitud (1997)
        1. Escultura:
          1. Cristo (1963)
          2. Toro (1965)
          3. El Emigrante (1965)
          4. Sin título 1 (1971)
          5. Sin título 2 (1972)
          6. Sin título 4 (1974)