AS DESTERRADAS
Produccións Teatrais Excéntricas
Sábado, 07 de marzo de 2026 ás 20:30 horas
Lugar: Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
25.º Premio Álvaro Cunqueiro de Textos Teatrais
No século XVI unha pequena comunidade de monxas á beira do Miño vese ameazada pola cobiza da xerarquía eclesiástica. Os señores da Igrexa, para rematar coa resistencia das freiras non dubida en difamalas e ameazalas por todos os medios, desde o tribunal da inquisición á violencia das mesnadas señoriais. Carme Varela reconstrúe nun thriller conventual aqueles tempos de resistencia das comunidades de mulleres autosuficientes e poderosas. A vida parece continuar coas súas rutinas de rezos, bordados e melindres, mais a negra sombra da ameaza exterior abátese sobre o convento de Albeos.
- Autoría: Carme Varela
- Dirección: Quico Cadaval
- Elenco artístico: Melania Cruz, Patricia Vázquez, Rebeca Montero, Rocío González, Belén Constenla e Víctor Mosqueira
- Duración: 85 min
- Clasificación: drama
- Público adulto (maiores de 14 anos)
Prezo: 6,00 €