Biblioteca e centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Santa Cruz

Biblioteca Rosalía de Castro, Santa Cruz

Biblioteca e Centro de Documentación da Muller Rosalía de Castro. Liáns

Creada no ano 1985, actualmente está situada na planta baixa dun edificio construído no século XVII, denominado tradicionalmente pazo de Coruxo ou Torres de Coruxo, restaurado no ano 1992 e ampliado no ano 2007.

Está rodeada dun frondoso xardín, de gran biodiversidade, no que destaca un senlleiro e fermoso ombú (Phytolacca dioica).

Debido a que está instalada nun centro cultural tamén usa diversos espazos deste centro, como o Teatro Municipal As Torres e a sala para actividades.

A orixe do Centro de Documentación da Muller está no esforzo das mulleres que formaban parte da Asociación de Veciños Santaia e da Comisión de Festas dos anos 1983-1988 de Santa Cruz.

HORARIOS:

  • Mañás: Martes a Venres: 9:45 a 13 h.
  • Tardes: Luns a Venres: 16 a 20 h.
  • Sábados: 1º e 3º do mes: 10 a 14 h.

Servizos:

  • Accesible a persoas con discapacidade física
  • Actividades de promoción da lectura e culturais
  • Centro de documentación da muller
  • Consulta do catálogo de fondos bibliográficos
  • Consulta pública e gratuíta de Internet (6 ordenadores de uso público)
  • Formación de usuarios/as
  • Información bibliográfica
  • Lectura e consulta en sala de libros, revistas, prensa, documentos electrónicos, sonoros e audiovisuais
  • Préstamo a domicilio de libros, revistas, DVD, CD, CD-ROM, etc.
  • Préstamo interbibliotecario e colectivo a centros de ensino
  • Sala de lectura de adultos/as
  • Sala infantil e xuvenil
  • Seccións de referencia, xeral, Galicia, infantil e xuvenil e local
  • Solicitudes de adquisicións
  • Uso público e gratuíto de WiFi

 

 

 

 

  • Superficie:
  • 171 m2
  • Postos de lectura:
  • 78
  • Ordenadores para uso público:
  • 6 e 1 impresora
  • Colección:
  • Libros: 30.113
  • Periódicos e revistas: 39 títulos de publicacións periódicas abertas. (Destes, 4 son xornais).
  • DVD: 2.485
  • CD: 552
  • CD-Rom: 193
  • E-reader: 1