Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Biblioteca Central Rialeda. Perillo

Creada no ano 1986, actualmente está situada no edificio denominado Rialeda, catalogado como patrimonio histórico-artístico municipal, de estilo modernista racionalista, construído polo célebre arquitecto coruñés Rafael González Villar no ano 1912 e restaurado para biblioteca no ano 1998.

Na sala infantil hai un mural realizado, no ano 2009, polo ilustrador e prestixioso autor de banda deseñada Miguelanxo Prado.

Está rodeada dun fermoso xardín con gran diversidade de árbores, no que destacan un cedro do Himalaia (cedrus deodara) e frondosos tileiros (tilia cordata).

HORARIOS:

  • Luns a Venres: 8:15 a 21:15 h.
  • Sábados: 10 a 14:15 h.

*Os servizos de préstamo, ordenadores e fotocopiadora pecharanse 15 minutos antes.

**Os sábados non hai servizo de ordenadores.

 

Servizos:

  • Accesible a persoas con discapacidade física
  • Actividades de promoción da lectura e culturais
  • Consulta do catálogo de fondos bibliográficos
  • Consulta pública e gratuíta de Internet (13 ordenadores de uso público)
  • Formación de usuarios/as
  • Información bibliográfica
  • Lectura e consulta en sala de libros, revistas, prensa, documentos electrónicos, sonoros e audiovisuais
  • Seccións de referencia, xeral, Galicia, infantil e xuvenil e local
  • Sala de audiovisuais e multimedia
  • Sala de lectura de adultos/as e de fondo local
  • Sala de publicacións periódicas e prensa.
  • Sala infantil e xuvenil
  • Préstamo a domicilio de libros, revistas, DVD, CD, CD-ROM,...etc.
  • Préstamo interbibliotecario e colectivo a centros de ensino
  • Publicacións de guías de lectura, boletíns, etc.
  • Reprografía
  • Solicitudes de adquisicións
  • Uso público e gratuíto de WiFi

 

Actividades:

Podes consultar todas as actividades.

 

Superficie:

689 m2

Postos de lectura:

126

 

Ordenadores para uso público:

13 e 3 impresotras

  • 8 para mozos/as e adultos/as
  • 5 para público infantil

Catálogo:

http://catalogo-rbgalicia.xunta.gal

 

Colección:

  • Libros: 59.584
  • Periódicos e revistas: 64 títulos de publicacións periódicas abertas. (Destas 4 son xornais).
  • DVD: 5.681
  • CD: 2.400
  • CD-Rom: 566
  • E-readers: 4