Plan de telefonía móbil

PLAN DE IMPLANTACIÓN DE TELEFONÍA MÓBIL DO CONCELLO DE OLEIROS

O documento denominado
“Texto refundido do Plan de implantación de telefonía móbil no Concello de Oleiros” tramítase por solicitude de Telefónica Móviles España S.A.

O documento  xurde da necesidade de mellorar o servizo no termo municipal, con
especial atención a núcleos urbanos e rurais, así como a dotación de cobertura daquelas zonas
e enclaves de expansión.

O documento conta cos equipos e antenas necesarios para desenvolver a rede cun servizo de calidade adecuado, así como con novos equipos que se poderían instalar para mellorar o devandito servizo e a previsión de novos emprazamentos que se considera necesario implantar para mellorar o servizo ofertado aos habitantes deste Concello.

Achégase en documentos adxuntos o Decreto de 15 de maio de 2024 de aprobación definitiva, así como o Documento completo para a súa consulta.