Atópao en Oleiros

Os servizos e o comercio de proximidade son unha resposta a esa filosofía que compartimos e potenciamos. Interésanos porque a actividade empresarial xera empregos e beneficio; interésanos porque as empresas pagan impostos municipais que repercuten na veciñanza en forma de parques, vías públicas, actividade cultural ou deportiva, por citar só unhas pingas do mundo de actividades que ofrecemos cada ano. Por iso editamos esta publicación: para que teñas a man todo o que Oleiros pode ofrecerche e ti poidas necesitar.


 

Pensa sempre que utilizando empresas de Oleiros para satisfacer as túas necesidades de consumo, estás axudando a poñer en valor a nosa economía local, as empresas, os traballadores e traballadoras, o emprendemento, as cooperativas, as e os profesionais… todo un conxunto de persoas que fan do noso concello un lugar cheo de futuro.


Ángel García Seoane
Alcalde de Oleiros