A Corporación municipal

A Corporación municipal de Oleiros está integrada, desde as pasadas eleccións democráticas do 28 de maio de 2023, por catro formacións políticas que están a representar e defender os dereitos e intereses públicos dos máis de 38.000 veciños e veciñas que residen no municipio.

Esta corporación está constituída por 21 concelleiros/as, incluído o alcalde, representando a cinco partidos políticos: Alternativa dos Veciños (AV), Partido Popular (PP), Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) e Bloque Nacionalista Galego (BNG).

O partido político máis votado, Alternativa dos Veciños (AV), forma o equipo de goberno con maioría absoluta e cun total de trece concelleiros e concelleiras, á fronte do cal se sitúa o alcalde Ángel García Seoane.

Na oposición atópanse as outras formacións políticas: Partido Popular (PP) con cinco edís, Partido Socialista de Galicia (PSdeG-PSOE) con dous e Bloque Nacionalista Galego (BNG) cun concelleiro.