Presentación normalización

Presentación

O Servizo de Normalización Lingüística creouse no ano 2008, cun único obxectivo, normalizar o uso da lingua galega no Concello de Oleiros. Para facer efectiva a normalización da lingua é preciso atender á normativización, pois nunha Administración hai que empregar a lingua estándar, seguindo as Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas en 2003.

Desde o SNL desempeñamos tres funcións principais, o asesoramento, a formación e a dinamización. Por unha banda, o asesoramento, a través da tradución, da corrección e da resolución de dúbidas usarase a lingua galega estándar e axudarase en materia lingüística a toda a poboación oleirense. Por outra banda, a formación, pois para que se empregue a lingua galega é preciso ensinala, polo que desde o Concello se levan a cabo dous cursos de lingua galega ao ano. E finalmente, a dinamización, pois para normalizar o uso da lingua é preciso facer actividades que fomenten e promovan o uso da lingua e consigan afastar do galego prexuízos lingüísticos, á vez que se incrementa o uso da lingua e o número de falantes.

Para o mantemento deste servizo cóntase coa colaboración da Deputación Provincial da Coruña e da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que axudan a financiar o custo do persoal adscrito.

 

 

Cousas da vida

O SAPO - Se fose home xa me parecía mal que ti dixeses cri.cri decindo eu cro.cro

Asset Publisher

Image Oleiros recibe este domingo el espectáculo Azou y un taller de hip hop Oleiros recibe este domingo el espectáculo Azou y un taller de hip hop

Oleiros recibe este domingo el espectáculo Azou y un taller de hip hop

O Concello de Oleiros recibe este domingo, 23 de xaneiro, ás 18.00 horas un obradoiro de hip hop impartido por García e ás 19.00 h dará comezo o...

    Image Impartiranse dous cursos de galego en Oleiros Impartiranse dous cursos de galego en Oleiros

    Impartiranse dous cursos de galego en Oleiros

    Oleiros, 26 de xaneiro de 2011.- O Concello de Oleiros organiza dous cursos de formación de lingua galega para preparar os exames Celga. As persoas...

      Image O SNL comeza as actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino O SNL comeza as actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino

      O SNL comeza as actividades de dinamización lingüística nos centros de ensino

      O Concello de Oleiros comeza este mes a súa programación de dinamización lingüística con representacións, charlas e obradoiros nos centros de...

        Image Retómase a programación do Servizo de Normalización Lingüística nos colexios públicos do Concel Retómase a programación do Servizo de Normalización Lingüística nos colexios públicos do Concel

        Retómase a programación do Servizo de Normalización Lingüística nos colexios públicos do Concel

        Os centros de ensino de primaria do Concello recibirán desde mañá diferentes actividades da programación de dinamización lingüística que o Servizo...

          Ver mais novas