Presentación
O Departamento Municipal de Cultura amósache neste espazo toda a infraestrutura sociocultural habilitada para ti. Museo, sala de exposicións, auditorios, casas do pobo, centros cívicos e culturais... equipamentos onde se desenvolven un gran número de actividades de todo tipo ao longo do ano.
Ademais podes consultar a variada programación cultural realizada para tentar cubrir as distintas necesidades dos milleiros de oleirenses no seu tempo de lecer; teatro, danza, cine, música, festas, exposicións, obradoiros, conferencias..., actividades na procura de novos coñecementos, de fortalecer a nosa identidade cultural, de fomentar a creatividade e a participación, de potenciar hábitos saudábeis que fomenten a convivencia e o encontro cos veciños e coas veciñas.
Tamén podes consultar un gran número de entidades socioculturais presentes na vida do municipio; asociacións de tipo cultural, social, veciñais, musicais, de pais e nais de alumnos dos centros escolares do concello, ... un conxunto de asociacións que traballan día a día nas diferentes parroquias do Concello de Oleiros.
Obxetivos
- Involucrar aos veciños na programación da actividade cultural para lograr un maior nivel de implicación, compromiso e responsabilidade.
- Organizar experiencias que fomenten a participación e a integración de todos os veciños e as veciñas do municipio e que lles permitan desenrolar valores, coñecementos e habilidades para un uso enriquecedor do seu tempo libre.
- Ofrecer alternativas saudabeis de utilización do tempo libre.
- Promover o asociacionismo local.
- Potenciar a identidade cultural, o sentimento de pertenza a unha colectividade.
- Xerar inquietudes e iniciativas independentes e responsables.
- Animar e dinamizar o que xa existe.
- Fomentar a creatividade.