Adultos - Menú Perfís Bibliotecas
Presentación Bibliotecas

Presentación

O Concello de Oleiros conta cun amplo Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais consistente na dotación de infraestruturas bibliotecarias ao servizo da poboación. Ten presenza na maioría das parroquias e núcleos de poboación de maior densidade, coa finalidade de achegar a todos os veciños e veciñas un servizo público aberto aos cidadáns para uso, fomento e gozo da lectura sen distancias nin longos desprazamentos, con horarios amplos e flexibles adaptados ás necesidades dos diferentes usuarios/as e cunha programación de actividades culturais e de promoción da lectura para nenos/as, mozos/as e adultos/as.

Para facilitar a todos os cidadáns o acceso á cultura en condicións de igualdade e conscientes da dispersión que afecta á poboación deste concello, pero coa intención de poñer á disposición dos veciños e das veciñas de Oleiros un bo servizo bibliotecario, o goberno local decidiu crear un Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, de forma que a Biblioteca Central estivese nun dos núcleos urbanos de maior poboación e mellor comunicado coas demais localidades do concello, implantando nos outros núcleos de menor densidade, bibliotecas auxiliares para que todos os habitantes puidesen estar atendidos nas súas propias parroquias, xa que moitos deles, como é o caso dos nenos, nenas e mocidade non poden trasladarse facilmente dun lugar a outro.

Algúns dos premios que recibiron estas bibliotecas son:

  • Premio Fomento da Lectura a biblioteca abertas ao público LIBER 2017, concedido pola Federación de Gremios de Editores de España.
  • Boas prácticas no VII Congreso Nacional de Bibliotecas Públicas 2014, celebrado en Badajoz, pola actividade Ler para Saber.
  • Premio Irmandade do Libro 2012, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia, na súa XXI edición, celebrado en Lalín.
  • Boas prácticas na Rede de Bibliotecas de Galicia 2011, por Lecturas refrescantes.
  • Premio María Moliner 2011, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura.
  • Premio Irmandade do Libro 2009, na modalidade de Fomento da Lectura, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia na súa XVIII edición, celebrado en O Carballiño. Descargar nota de prensa (PDF - 80.1 KB).
  • Finalista e Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría  de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2008.
  • Mención Especial do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedida polo Ministerio de Cultura, no ano 2007.
  • Selección do Premio María Moliner, na categoría de Animación á Lectura, concedido polo Ministerio de Cultura, no ano 2009 e outros anos anteriores.
  • Premio no Concurso "Abril, Mes dos Libros", concedido pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, nos anos 2007 e 2008.
  • Premio Irmandade do Libro 1995, na modalidade de Institucións, concedido pola Federación de Libreiros de Galicia,  na súa IV edición, celebrado en Vigo.

NOVAS

Imaxe Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025 Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025

Recomendacións en Radioleiros: 4 xullo 2025

"La invasión de las noticias falsas" de Elise Gravel e "El fervor" de Alma Katsu

    Imaxe Recomendacións en Radioleiros: 27 xuño 2025 Recomendacións en Radioleiros: 27 xuño 2025

    Recomendacións en Radioleiros: 27 xuño 2025

    "Siete ratones ciegos" de Ed Young e "El lunes nos querrán" de Najat El Hachmi

      Imaxe Recomendacións en Radioleiros: 20 xuño 2025 Recomendacións en Radioleiros: 20 xuño 2025

      Recomendacións en Radioleiros: 20 xuño 2025

      "Hermilindo esbirra poemas" de Paula Señarís; ilustrado por Laura Romero Pereira e "El castillo de los escritores: cuando la literatura universal se encontró con la...

        Ver mais novas

        Destacados

              Ver mais destacados