Hemeroteca

Dende Outubro 2010

Atrás Impartiranse dous cursos de galego en Oleiros

Oleiros, 26 de xaneiro de 2011.- O Concello de Oleiros organiza dous cursos de formación de lingua galega para preparar os exames Celga que van ter lugar en xuño deste ano. Estes cursos, que promove a Xunta de Galicia, realizaranse no Centro de Formación Isaac Díaz Pardo e comezarán na primavera deste ano. As persoas interesadas poderán inscribirse no Servizo de Normalización Lingüística, no Concello, desde hoxe ata o 22 de febreiro, así mesmo, para recibir información sobre os cursos Celga, poderán chamar ao teléfono do Servizo de Información ao Veciño, 981 610 000 ou enviar un correo a l.filloy@oleiros.org.

back link