Novas

Atrás Volve o espectáculo Os tres porquiños de Migallas Teatro

O vindeiro sábado, 26 de marzo volve a contada Os tres porquiños, de Bea Campos, para familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos. Volvemos programar esta sesión de contos, posto que moitas familias non conseguiran praza. Nesta ocasión haberá dúas sesión, ás 17.30 h e ás 18.30 h.

Unha sesión de contos con monicreques, e cancións para bebés na que se integran a expresión dramática, os monicreques e a tradición oral. Unha proposta sinxela a partir dun dos clásicos da literatura infantil perfectos para introducir os máis cativos no marabilloso mundo dos contos desde os seus primeiros meses de vida.

As persoas interesadas poderán inscribirse desde o luns 21 de marzo, ás 10.00 h. Como sempre terán preferencia as familias do Apego de Oleiros os dous primeiros días de inscrición.