Novas

Atrás VISITA GUIADA EXPOSICIÓN "O PRIMEIRO PICASSO"

 

Visita guiada da exposición “O primeiro Picasso”

Martes 19 de maio ás 18.30 horas

Museo de Belas Artes da Coruña

  


O luns 11 de maio ábrese o prazo para inscribirse na viaxe organizada polo Departamento de cultura para coñecer a exposición que acolle o Museo de Belas Artes da Coruña. A viaxe está destinada a público adulto e teñen preferencia as persoas empadroadas no concello de Oleiros. A entrada é libre e inclúe o desprazamento e a visita guiada da exposición.

            Dado que as prazas son limitadas, as persoas interesadas deben contactar co Departamento de Cultura no teléfono 981 610 000, de 8.00 a 15.00 horas, ou no enderezo electrónico cultura@oleiros.org para formalizar a inscrición.

                  A exposición, que leva por título O primeiro Picasso A Coruña 2015 é unha oportunidade única de achegar a xente á etapa coruñesa de Picasso. O período que pasou na cidade herculina, entre 1891 e 1895, foi esencial na súa forma    ción como artista, e tamén na súa traxectoria vital, como paso da nenez á adolescencia. Na mostra poderemos observar os seus primeiros debuxos e cadros, a evolución da súa técnica e a influenza dos mestres que tivo na cidade, así como coñecer algún dos temas que retomaría ao longo da súa dilatada producción artística. Ademais, diferentes documentos, fotografías e obxectos permiten contemplar cómo era A Coruña da época.