Hoxe martes día 7 de agosto ábrese o prazo de inscrición para a visita guiada da exposición itinerante sobre o pintor e paisaxista galego Francisco Llorens, que terá lugar o vindeiro luns 13 de agosto ás 12.00 horas no Parque da Lagoa, de Mera.
A mostra, organizada polo Consorcio das Mariñas, intenta poñer en valor e difundir a vida e obra do pintor galego como o “Pintor de As Mariñas”, un dos máximos representantes do impresionismo galego e quen nas súas obras retratou moitas paisaxes de Oleiros, Sada e outros lugares da comarca.
As prazas son limitadas.
Para máis información e inscricións:
Teléfono: 981 610 000