Sábado 1 de febreiro ás 20:30 horas
Auditorio da Fábrica, Perillo
Son Trío “Miña Almiña”
Son Trío lanza o novo álbum Miña almiña con música orixinal e letra de Rosalía de Castro, que sorprende coa súa profundidade e emociona ao público. A súa música é intimista e contemporánea, e viaxa entre estilos dende o clásico até o jazz facendo soar os poemas do século XIX como se fosen escritos hoxe.
Son Trío está composto por tres músicas: Katerina Linke (piano e composición), Su Garrido Pombo (voz) e Susanna Blanco (cello). Os seus estudos e influencias pasaron pola música clásica, jazz, folk, cantautor, bossa…e contan con varios premios como grupo e tamén individualmente.
Na xira de presentación do disco Miña almiña 2020 están a ofrecer un repertorio no que interpretan 9 cancións orixinais sobre a letra do poemario de Rosalía de Castro Follas novas, complententándoo con cancións doutros poetas galegos e versións de cancións populares.
Coa súa presenza na escena galega poñen en valor a alta calidade musical independendemente do seu xénero, e promoven o uso da lingua galega ofrecendo un proxecto 100% nese idioma.
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas a un prezo de 2,50 euros, ata completar a capacidade da sala.