O sábado 25 de marzo ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera a compañía Kulunka Teatro, presenta o seu espectáculo Solitudes, escrito por Garbiñe Insausti, José Dault, Iñaki Rikarte, Rolando San Martín e Edu Cárcamo e dirixido por Iñaki Rikarte.
Unha viaxe por universos cotiáns que, mesturando a gravidade cun sorriso, conmove sorprende e invita á reflexión.
Elenco: Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo
Xénero: drama
Duración: 85 minutos
Prezo: 5 €
As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.