Novas

Atrás Teatro no Auditorio de Mera o sábado 1 de abril

O sábado 1 de abril, ás 20.30 horas, no Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, a compañía ButacaZero, presenta o seu espectáculo Voaxa e Carmín, escrito por Esther F. Carrodeguas e dirixido por Xavier Castiñeira.

 Sinopse: Maruxa e Coralia saen da casa, como cada día, maquilladas ate a extenuación e vestidas a toda cor dispostas a dar o seu habitual paseo das dúas polas rúas de Compostela. Pasear, saudar, mercar Sansón e galletas María, piropear aos mozos, insultar ás mozas… Todo parece transcorrer sen cambio algún. Porén, hoxe non vai ser un día coma os outros: Coralia empurra a Maruxa a escapar das súas rutinas, tentando cumprir os seus soños. Arrancará así unha viaxe que abrirá feridas de guerra que volverán doer coma o primeiro día.

 

Elenco: Mabel Rivera e Belén Constenla

Xénero: comedia.

Duración: 80 minutos

Prezo: 3,50 €

 As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.