Domingo 20 de outubro ás 20:00 horas
Auditorio A Fábrica, Perillo
Circuito FEGATEA: Federación Galega de Teatro Amador
Axouxere Teatro presenta o espectáculo A túa tenrura, Molotov
Autoría: Gustavo Ott
Dirección: Alejandro Albaiceta
Sinopse: Unha parella nova. Triunfadores. El, avogado. Ela, presentadora do telexornal. Queren ter fillos. De feito, o están intentando cando de súpeto reciben unha caixa enviada polo FBI con data de… hai doce anos!! O que a caixa contén, cambiará as súas vidas para sempre… ou non.
Elenco: Nanda Tasende e Alejandro Albaiceta
Xénero: comedia
Duración: 75 minutos
Público: maiores de 14 anos
Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.00 horas, ata completar a capacidade da sala.