Novas

Atrás Teatro en Mera - Sábado 5 de abril

 

Sábado 5 de abril ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
 
A compañía teatral Catro Cadeiras, presenta o espectáculo “O Feo”, de Marius Von Mayenburg, baixo a dirección de Juan Carlos Corredoira.
 
Sinopse: Lette considérase unha persoa normal. Traballa duro como enxeñeiro e goza dun matrimonio apracible sen sobresaltos. Mais un día descubre unha terrible verdade: é espantosamente feo.
Así comeza O Feo, unha comedia que dun xeito divertido e mordaz, denuncia a nosa obsesión pola beleza e polo éxito, obrigándonos a reflexionar acerca do que realmente nos define como persoas hoxe en día.
Elenco: Machi Salgado, Manuel Polo, Xoán Abreu e Laura Campos
Xénero: comedia
Duración: 60 minutos
 

Prezo: 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.