Novas

Atrás Teatro en Mera - Sábado 29 de marzo

 

A compañía Ilmaquinario Teatro presenta o seu espectáculo “O Home Almofada” de Martin McDonagh, baixo a dirección de Tito Asorey.

 
Sinopse: Nun país totalitario sen nome, Katurian, unha escritora de macabros contos infantís, está sendo interrogada por unha parella de policías a causa da aparición na cidade dunha serie de cadáveres de nenos. O modus operandi do suxeito que leva a cabo estes crimes é sospeitosamente similar ao que ela describe nalgúns dos seus relatos. Con todo, ela loita por defender a súa inocencia. Todo cambia cando descobre que na cela contigua está presa a súa irmá, que padece un forte trastorno psicolóxico a causa dos malos tratos que sufriu sendo nena...
Elenco: Melania Cruz, Fernando Gonzalez, Fran Lareu e Laura Míguez
Xénero: drama
Duración: 90 minutos
 

Prezo: 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala.

Maiores de 14 anos.