Novas

Atrás TEATRO EN MERA - Sábado 22 de marzo

 

A compañía teatral Abrapalabras Creacións Escénicas, presenta o seu espectáculo “As do Peixe” de Cándido Pazó, baixo a dirección de Cristina Domínguez.

 
Sinopse: Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. A súa historia, é a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo...
Elenco: Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González
Xénero: comedia
Duración: 85 minutos
 

Prezo: 3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.