Novas

Atrás TEATRO EN MERA - Sábado 15 de marzo

 

Sábado 15 de marzo ás 20:30 horas

Auditorio Gabriel García Márquez, de Mera
 
A compañía teatral Teatro do Atlántico, presenta o seu espectáculo “A charca Inútil”, de David Desola baixo a dirección de Xulio Lago.
 
Sinopse: A charca inútil é un drama sobre a loucura, non como patoloxía, senón como vía de escape, como refuxio a unha existencia insoportable. As personaxes, atormentadas, refúxianse na loucura para se manter cordos. Pero tamén é unha historia de amor, na que as accións son moito máis importantes que as palabras. É tamén unha historia de soidade e misterio na que hai quen quere ver un lugar para a esperanza.  
Elenco: Marcos Viéitez, Gonzalo M. Uriarte e María Barcala
Xénero: drama
Duración: 90 minutos
 

Prezo:3,5 euros. As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.