Novas

Atrás Teatro en Mera o sábado 17 de novembro

 O Sábado 17 de novembro ás 20:30 horas no auditorio Gabriel García Márquez, de Mera, o Grupo Estable de Teatro do Concello de Oleiros, presenta o espectáculo DODO.

 

Sinopse: Antes de Dodo a poboación crecía desmesuradamente, tamén avanzaban as tecnoloxías, o consumo, a contaminación, as enfermidades, a violencia... Escaseaban alimentos e non había recursos para todos. Foi entón cando decidimos facer unha selección. Reprogramar e separar unha parte da poboación que non fose apta para a nosa sociedade, a cal está formada, por individuos xenética e intelectualmente superiores…

Autoría: creación colectiva.

Dirección: Ramiro Neira.

Elenco: Conchi Fernández, Natacha Ceias, Manuel García, Silvia Larrosa, Gladys Pérez, Pilar Pérez, Nelly Rivas, Marisa Barros, Luly Barcos, Juan Otero, Gloria Feliz, Benita Trillo, Cristina López, Antonio González, Juan Naya, Carmen  Rodríguez, Patricia Gómez, Danay Marrero, Olga Coroas.

Xénero: drama.

Duración: 70 minutos.

Público: maiores de 12 anos.

Entrada libre con invitación. As invitacións poderán recollerse a partir das 19.30 horas, ata completar a capacidade da sala.