Novas

Atrás TEATRO EN MERA O SÁBADO 9 DE ABRIL

Producións Teatráis Excéntricas, presenta o seu espectáculo Os amores de Jacques o fatalista, de Denis Diderot, baixo a dirección de Quico Cadaval o sábado 9 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera.

 

Sinopse: Jacques e o seu amo van falando do amor mentres camiñan, permitíndose dicir cousas que non dirían se houbese mulleres presentes. Esta conversa detense cando aparece a Pousadeira, que conta contos e non se corta á hora de dar a súa opinión sobre a vida e o amor independentemente de que estean diante o seu home, Jacques e o seu amo. A finalidade destes contos é buscar a diferenza entre namoramento e sedución, sentimento e instinto, paixón e violencia, engano e enxeño...

 

Elenco: Víctor Mosqueira, Marcos Orsi, María Costas e Piti Sanz

Xénero: Comedia

Duración: 95 minutos

Prezo: 3,50 euros

As entradas poñeranse á venda a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.