Novas

Atrás TEATRO EN MERA O SÁBADO 22 DE OUTUBRO

O Grupo Chévere, presenta no Auditorio Gabriel García Márquez de Mera o seu espectáculo Eroski Paraíso, escrito por Manuel Cortés e baixo a dirección de Xron.

 Autoría: Chévere.

Sinopse: Na sala de festas Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990 coñecéronse Eva Martínez e Antonio Formoso en 1989, como tantas outras parellas da zona. Casaron ao quedar ela embarazada e a súa filla Alexandra naceu ao ano seguinte, xusto cando pechou a Paraíso. Como tantas outras familias emigraron e andaron a tombos dun lado a outro deixando que a vida decidise por eles. Vintecinco anos despois, atopamos a Eva de volta en Muros coidando de seu pai e traballando no supermercado que abriron no mesmo local que ocupaba a sala de festas. Antonio segue en Canarias. Álex acaba de rematar un máster de cine en Barcelona e viaxa a Muros para facer o seu primeiro documental. Unha película sobre os seus pais, sobre a distancia que as súas vidas abriron entre aquel paraíso e este supermercado, un retrato do desarraigo vital de toda unha xeración.  

Elenco: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Cristina Iglesias, Fidel Vázquez e Luís Martínez.

Xénero: comedia.

Duración: 90 minutos

 As entradas poñeranse á venda a un prezo de 3.50 euros a partir das 19:30 horas, ata completar a capacidade da sala. Maiores de 12 anos.