O vindeiro 26 de marzo terá lugar unha nova edición do Programa Andares por Galicia, organizado polo Concello de Oleiros, coa ruta Insula do Grove
Este Programa céntrase en descubrir as características máis importantes a nivel natural, social e cultural da nosa terra e xerar conciencia de coidado e protección do patrimonio natural e cultural. Así mesmo trata de promover a convivencia e a socialización do grupo de participantes nun ambiente aberto e favorecer hábitos saudables de ocio no medio natural.
Todas as saídas contarán con 3 monitores/as especializados/as e están dirixidas a persoas maiores de idade, cun prezo de 22 euros.
Ofertaránse 40 prazas para cada unha das saídas, con preferencia para persoas empadroadas no Concello de Oleiros e adxudicaranse as prazas por rigorosa orde de inscrición a partir do martes 15 de marzo ás 10.00 horas no seguinte formulario:
RUTA POLA PENÍNSULA DO GROVE |
Punto de inicio: San Vicente do Mar/ Punto fin: Porto de Meloxo (O Grove) Distancia aprox.: 14 km Dificultade: media-baixa |
PUNTOS DE INTERESE DA RUTA/VISITA: - Ruta homologada PRG-115, Ruta do Adro Vello - Ruta homologada PRG-116, Ruta do Con Negro - ZEC “Complexo Ons-O Grove” - Salgadeira de Barcela (fábrica de salga) - Restos arqueolóxicos Adro Vello - Praias de Barreiriño, Barcela, Area Grande, Os Carrins, As Rodeiras - Pequenos areais de Con Negro, Aguieira, Barreiro e Castiñeira - Lavadoiro comunitario de Castiñeiras - Lagoa da Bodeira - Centro de Intrepretación da Pesca e a salga. Puntas Moreiras - Miradoiro e aula de natureza de Siradella - Porto de Meloxo. Embarcacións tradicionais VISITA CULTURAL: Visita turística Illa da Toxa |
Para obter máis información é posible dirixirse ao Departamento de Cultura do Concello de Oleiros, situado no centro cultural A Fábrica, ben fisicamente ou a través do teléfono 981 636 598 ou do correo electrónico r.caparros@oleiros.org.