O sábado 29 de abril o Departamento de Cultura realizará a ruta de interpretación ambiental e cultural polo Camiño de Santiago: Tramo Portomarín- Palas de Rei.
O percorrido inclúe saída de Portomarín, Cruceiro de Ligonde, Templo de Vilar de Donas, Palas de Rei e a igrexa de San Tirso.
Distancia: 25 km
Dificultade: media
Destinatarios/as: Público familiar, preferentemente maiores de idade. Valorarase a posibilidade de participación de menores de idade, sempre e cando asistan acompañados/as dunha persoa adulta.
Prezo: 18 euros empadroados/as e 23 euros non empadroados/as.
O prazo de inscrición ábrese o vindeiro luns 10 de abril e ofértanse un total de 40 prazas, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Oleiros.
Máis Información e inscricións no Departamento de Cultura.
Centro Cultural A Fábrica. Rúa do Inglés, nº 13 – 15172 Perillo (Oleiros)
Tel.: 981 636 598 e 981 610 000 Ext.: 4916